CRTVG

Buscar

Ademais da falecida, nesta xornada houbo varios feridos de diversa consideración noutros accidentes

Publicado o 08/12/2019 20:56

Cinco feridos e tres coches implicados. Este é o resultado do accidente de tráfico que se produciu no quilómetro 145 da Nacional 550, unha das estradas con maior intensidade de tráfico da rede galega. Nesta curva un primeiro vehículo perdeu o control e invadiu o carril contrario batendo contra un segundo coche, o gardarraíl e un o terceiro turismo. Ao seu paso polo barrio de Costeira, no lugar de Quintela, en Redondela, cortaron a estrada e o tráfico foi desviado por unha hora. Os cinco feridos, ningún de consideración grave, foron trasladados ao hospital de Fátima. O condutor que provocou o accidente non deu positivo nin no test de alcol nin no de drogas.

Dous feridos, un deles grave, é o saldo destoutro accidente en Vilagarcía. Foi un choque frontolateral entre dous vehículos á altura de Rubián. Un deles invadiu o carril contrario e impactou violentamente co coche que avanzaba no outro sentido. Cortaron dous carrís da nacional 640 durante algo menos de media hora.

A única falecida en Galicia nesta ponte da Constitución que remata ás doce da noite foi neste sinistro, de madrugada, na estrada secundaria que une O Pino e Touro. O turismo no que circulaban tres rapaces foise fóra da vía, levou por diante un tramo de quince metros de gardarraís e envorcou uns metros despois.

Total Jose Quintás, Bombeiros de Arzúa

Á nosa chegada estaban os compañeiros da Garda Civil de Tráfico e xa nos confirmaron que había unha persoa falecida no interior do vehículo.

A falecida, de 20 anos, ía sentada no asiento de atrás. Segundo acaba de confirmar a DXT o condutor deu positivo no test de alcol cunha taxa de 0,54, máis do dobre do permitido.
 

Noticias web

08/12/2019