CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Adegueiros españois participan nun proxecto pioneiro nunha experiencia que une viño e turismo

Publicado o 12/09/2018 15:03

O proxecto preséntase por primeira vez en Galicia a bordo deste barco, nunha travesía dende a Ensenada de Baiona ata as Illas Cíes. Concretamente aquí, neste marco incomparable, as tres adegas galegas que participan na iniciativa, ofrecen unha degustación a bordo dos seus mellores viños.

En total son 9 adegas do territorio nacional as que participan no proxecto, que ten como obxectivo situar a España como referente internacional do enoturismo. O proxecto permite aos turistas visitar España coñecendo os viñedos e as singularidades de cada zona. Un vinte por cento do total dos turistas que visitan o territorio nacional cada ano está interesado na cultura do viño. Para incrementar o atractivo deste tipo de turismo nace este proxecto que mestura visitas ás adegas coa posta en valor da paisaxe e a cultura da zona.

Galicia foi o lugar elixido para a presentación que tivo lugar durante unha travesía ata as illas Cíes. As tres adegas galegas que participan no proxecto, Terras Gauda, Mar de Frades e Vionta ofreceron unha degustación dos seus viños a bordo. 

O proxecto en que participan nove adegas de toda España, pretende situar o noso país nun referente internacional de enoturismo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí