CRTVG

Buscar

Adaptación das misas de defuntos á pandemia

Publicado o 30/10/2020 21:31

Na parroquia de Santiago a nova, en Lugo, manteñen e mesmo amplían as misas programadas. Sinalan que os fieis están moi concienciados coas normas que hai que cumplir durante as celebracións litúrxicas e apostan por manter certa normalidade respetando sempre as medidas de seguridade.

"A xente nesta fin de semana ten un recordo especial polos os seus seres queridos e dende a parróquia apostamos por manter o horario de misas habitual e mesmo engadimos unha misa máis", sinala Daniel Gil, párroco da igrexa de Santiago a nova de Lugo.

A cousa cambia, por exemplo, na Fonsagrada. Logo de sete meses libres de covid agora hai dous gromos na vila e o párroco decidiu suspender as tradicionais misas de Defuntos e Santos.

"As misas da fin de semana suprimíronse. Non é que haxa un lei que o obligue pero eu vía desánimo na xente, creo que non van a saír e non hai que forzar a cousa. Nos pobos non había moita aglomeración pero aquí na Fonsagrada si que se xuntaba moita xente e tamén no cemiterio e así ao non convocar a xente vai entender que é mellor quedarse", sinala Miguel Ángel Álvarez, párroco da Fonsagrada.

Con todo, na Fonsagrada ofrecen alternativa. O párroco misará a porta pechada e os fieis poderán seguilo en directo a través da Internet. Uns e outros adaptan a tradición á situación actual.

Noticias web

30/10/2020