CRTVG

Buscar

Ada Colau ten máis preto repetir como alcaldesa de Barcelona

Publicado o 08/06/2019 13:44


A actual alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, ten máis preto recuncar no cargo tras o plenario en que o seu grupo, Barcelona en Comú, acordou presentar a súa candidatura na sesión constitutiva do Concello o sábado vindeiro. Colau obtivo o aval masivo dos comúns, que seguen teimando na configuración dun tripartito de esquerdas con ERC e o PSC. Soamente os vetos cruzados entre estes dous partidos lle achandan o camiño á alcaldesa, que obtivo o 26 de maio menos votos ca o independentista Ernest Maragall, aínda que empatando a dez concelleiros. Di Colau que conta con toda a lexitimidade para repetir como alcaldesa.

Noticias web

08/06/2019