CRTVG

Buscar

Acusan dous irmáns de matar a nai e ter o cadáver emparedado na casa uns dous anos

Publicado o 20/06/2019 14:07

A Garda Civil detivo nunha pequena localidade de Teruel dous irmáns como supostos autores da morte da súa nai. O cadáver da muller apareceu dentro dun armario, onde se cre que podía levar dous anos. 

Os feitos aconteceron en Pozondón, unha pequena localidade da serra de Albarracín, onde viven de xeito habitual uns vinte veciños. Entre eles, os dous irmáns de 55 e 60 anos detidos pola Garda Civil como supostos autores da morte da súa nai na vivenda que compartían os tres.

O Concello comezou a sospeitar hai dous meses de que algo pasaba e alertou os servizos sociais: había moito tempo que non se sabía nada da muller e os fillos aseguraban sempre que estaba de viaxe.

Cando os axentes entraron na casa, atoparon o seu cadáver dentro dun armario encastrado que fora tapiado con cemento. Crese que a muller morreu de xeito violento e que podía levar alí uns dous anos.

O fillo traballaba ocasionalmente como xardineiro para o Concello e a filla coidaba da nai, que era discapacitada e cega. Ambos os dous seguiron cobrando todo este tempo a pensión da súa proxenitora.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019