Acusan unha parella de 'youtubers' exipcios de explotar comercialmente o seu bebé
Ahmed e Zeinab son unha parella de youtubers exipcios que abriron a súa canle hai un par de anos. Emiten todo tipo de contidos sobre as súas vidas e contan con máis de 3 millóns de seguidores na Rede. O seu último antollo virtual é utilizar a súa pequena Eline, que veu ao mundo a principios de ano, como reclamo para obter máis visualizacións.
En varios vídeos pódese ver como espertan a nena estando durmida, a beliscan e ríen das súas reaccións. Tamen a someten a unha sesión fotográfica con múltiples vestiarios sen deixala descansar mentres solicitan aos visitantes que se subscriban á súa canle de Youtube.
A parella de mozos levantou así a indignación entre os usuarios das redes exipcias, que os acusan de vexar a súa pequena para lucrarse. Tanto e así que o fiscal xeral do país está a investigar o caso e os vídeos poderían custarlles caro. Poderían enfrontarse a unha pena de 5 anos de cárcere por delitos de explotación comercial de menores, maltrato psicolóxico e abuso infantil.