CRTVG

Buscar

Acusan a un taxista de Menorca de atropelar a súa muller que xa o denunciara por violencia de xénero hai unha semana

Publicado o 23/08/2019 13:18

En Menorca, acusan un taxista de atropelar a súa muller, á que deixou inconsciente no chan. Por sorte viuno todo unha testemuña. Agora, o taxista está detido por un delito de violencia de xénero.

A alarma saltou ás cinco e vinte da mañá. Unha testemuña ve como un taxista discute cunha muller, atropélaa e despois foxe do lugar. A vítima queda insconsciente no chan. O agresor, de 39 anos é a súa parella.

Ignacio Campos, Inspector xefe da Policía Local de Ciutadella: "Puidemos comprobar que foi un atropelo voluntario, que foi a súa parella quen a atropelou despois dunha discusión"

Grazas ao XPS do vehículo e á colaboración de radiotaxi, a policía puido seguilo e interceptalo pouco antes das 7 da mañá nunha estrada xeral á saída de Ciutadella. O agresor xa fora denunciado hai días por outra agresión machista.

Ignacio Campos, Inspector xefe da Policía Local de Ciutadella: "Fará dez días máis ou menos detivemos por violencia de xénero a mesma persoa contra a mesma vítima"

O home está detido por un delito de violencia de xénero á espera de pasar a disposición xudicial.
A muller, de 34 anos, ingresou no hospital con traumatismos graves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019