CRTVG

Buscar

Acusan a nai e a súa parella da morte dunha nena de catro anos tras sufrir maltrato e abusos

Publicado o 29/04/2019 15:38
Acusan a nai e a súa parella da morte dunha nena de catro anos tras sufrir maltrato e abusos

Terceira sesión do xuízo pola morte dunha nena de 4 anos tras, supostamente, sufrir maltrato e abusos sexuais. Os feitos xulgados sucederon en Valladolid no verán de 2017. Esta mañá declarou o pediatra, que alertou do maltrato un mes antes da morte de nena, despois de que a súa nai a levara ao hospital cunha serie de lesións que fixeron sospeitar ao médico. A nai está acusada dun delito de abandono de menores e por omisión do deber de protección. Á súa parella impútanlle seis delitos de maltrato con lesións no ámbito familiar, un delito de maltrato habitual, otro de violación e un máis de asasinato. O fiscal pide para eles prisión permanente revisable.

 

Noticias web

29/04/2019