CRTVG

Buscar

Acusan a dona dunha axencia de seguros de Barbadás de doce delitos de estafa

Publicado o 21/06/2019 13:57
Acusan a dona dunha axencia de seguros de Barbadás de doce delitos de estafa

Ten unha axencia de seguros na Valenzá, no concello ourensán de Barbadás, e está acusada de polo menos 12 delitos de estafa. Falamos dunha muller de 39 anos que foi detida pola garda civil porque ao parecer contrataba seguros aos clientes, eles pagaban pero o coche quedaba sen asegurar. A primera denuncia púxoa un veciño ao ser sancionado por non ten o seguro vixente. A muller foi posta en liberdade unha vez que prestou declaración diante do xuíz. Na provincia de Ourense, no que vai de ano, a garda civil constatou un aumento de denuncias por estafas e levan un total de 43 investigados.
 

Noticias web

21/06/2019