Acusado dun delito de odio o home que agrediu e insultou unha muller de raza negra nun autobús de Madrid
Publicado o 08/08/2019 15:06
Detido un home que insultou e agrediu unha muller de raza negra en Madrid. Os feitos aconteceron nun autobús da empresa municipal de transportes.
O home, español, proferiu graves insultos racistas á muller, de nacionalidade dominicana. Despois cuspiulle e golpeouna. O condutor detivo o autobús e chamou a policía.
O agresor, con antecedentes policiais, está acusado dun delito de odio.