Acusada de incendio e roubo con forza a parella que prendeu lume a unha chavola en Ourense
Publicado o 06/08/2019 11:46
En Ourense, a Policía Nacional detivo unha muller de 41 anos como presunta autora, xunto coa súa parella, do incendio dunha chabola baixo a ponte Novísima, a mediados de xullo. Os axentes detiveron despois do suceso o seu compañeiro que xa está en prisión.
Están acusados dun delito de incendio e outro de roubo con forza. O lume destruíu por completo a infravivenda en que residía un home de 74 anos. Ao parecer tiñan desavinzas con el.
Tanto a detida como a súa parella, os dous naturais de Ourense, teñen un amplo historial delituoso.