CRTVG

Buscar

Actos dos partidos galegos

Publicado o 11/04/2019 15:56

O BNG iniciará a súa campaña na praza das Praterías, en Santiago de Compostela. Ao mediodía xa quentaron motores e presentaron o seu vídeo electoral. Neste acto, a portavoz nacional do Bloque dixo que estas eleccións son decisivas para que Galicia recupere a voz propia tras catro anos de sombra. Asegurou que o BNG é a única forza disposta a defender os dereitos dos galegos. Pontón tamén advertiu que a formación quere pararlle os pés a unha dereita que cualificou de españolista e carca.

En Marea tamén arranca a súa campaña para as xerais esta noite na zona vella de Santiago. Pola contra, En Común, a coalición de Podemos e Esquerda Unida, escolleu a Porta do Sol en Vigo para a pegada de carteis. Os socialistas galegos tamén o farán en Santiago. O líder do partido, Gonzalo Caballero, participará ás doce desta noite no acto de apertura na zona nova da cidade. O Partido Popular de Galicia abre a campaña na cidade da Coruña, nun acto en que o líder da formación, Alberto Núñez Feijóo, acompañará os candidatos para as eleccións xerais.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/04/2019