CRTVG

Buscar

Varios actores, películas e curtametraxes galegas optan a algúns dos Premios Goya 2019

Publicado o 02/02/2019 19:00

Este sábado celébranse os Premios Goya en Sevilla. Galicia aparece nestes galardóns con múltiples posibilidades que van desde as curtas, a animación, as actuacións de Luís Zahera ou Javier Gutiérrez e as seis candidaturas do filme participado pola TVG, "A sombra da lei". Reunimos algúns deles a poucas horas do evento.

Son catro dos candidatos galegos na edición número 33 dos Premios Goya. Manu Riveiro e Xavi Font como compositores da BSO de "A sombra da lei" e Álvaro Gago e Khris Cembe polas súas curtas de imaxe real e animación.

As seis propostas para "A sombra da lei" son un bo recoñecemento para o filme de gángsters de Dani de la Torre.

Outras das posibilidades para Galicia nestes Goya pasan polas curtas. "Matria" na categoría de curta de ficción e "Soy una tumba" na de animación afondan na Galicia traballadora e feminina.

Unha Galicia moi social para uns goyas nos que a realidade será a protagonista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/02/2019