CRTVG

Buscar

Bos días

Acto solemne no Campus de Vigo de apertura do curso universitario en Galicia

Publicado o 09/09/2017 09:47




Alberto Núñez Feijóo apela á cooperación das tres universidades entre si e coa Xunta. Na apertura do curso académico no Campus de Vigo, o presidente do Goberno autonómico afirmou que esa crecente coordinación provocou que o sistema universitario galego teña unha boa reputación internacional.

...
O curso universitario galego comeza cos tres reitores e o presidente Feijóo xuntos, falando dunha universidade galega única e igualitaria; que foi capaz de sobrevivir á crise e de mellorar. "Nunca o acceso ao ensino universitario foi tan igualitario; nunca houbo tanta investigación frutífera; nunca, señora e señores, o esforzo universitario dos contribuíntes galegos foi tan elevado nin tan alta a reputación internacional das universidades galegas", dixo Feijóo.

O reitor da Universidade de Vigo afirma que o labor individual e conxunto das tres universidades galegas coa Xunta fixo brillar "algunhas luces durante os anos de sombra da crise". Porén, pide que o "curtopracismo" e os recortes presupostarios non se repitan: "o dano inflixido estes últimos anos á estrutura científica española necesitará décadas para a súa recuperación, que só será posible co compromiso firme das administracións, a sociedade e toda a comunidade científica, que demanda, dunha vez e por todas a integración da ciencia na axenda política e a súa desvinculación dos resultados electorais".
Este curso é o oitavo e derradeiro de Salustiano Mato como reitor da Universidade de Vigo. Considera a conxelación das taxas universitarias estes últimos cinco anos todo un logro.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

09/09/2017