CRTVG

Buscar

Acto simbólico en Santiago en memoria das vítimas da covid-19 en residencias

Publicado o 27/09/2020 15:07

Este domingo celebrouse na praza da Quintana, en Santiago, un acto simbólico en memoria dos usuarios de residencias que faleceron vítimas do coronavirus nas propias residencias ou en distintos hospitais.

Esta manifestación enmárcanse nas actividades reivindicativas que se celebran esta fin de semana por toda España reclamando máis medios e persoal neses establecementos e mellorar a súa xestión para evitar a propagación da covid-19.

Noticias web

27/09/2020