CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Acto de inauguración do curso da Universidade de Santiago

Publicado o 07/09/2017 21:19



As tres universidades galegas inauguran estes días o curso. Hoxe fíxoo a Universidade de Santiago co tradicional acto protocolario. A maioría dos alumnos, os de grao, incorporaranse ás clases a próxima semana.

O solemne acto de inauguración do curso acolle a lectura da memoria das actividades desenvolvidas no curso pasado e a lección inaugural, que pretende achegar aos cidadáns unha materia universitaria.

Á parte dos propios, as tres universidades galegas celebran un acto común e rotatorio de apertura do curso. Desta vez tócalle á Universidade de Vigo. Será mañá ao mediodía na súa facultade de Económicas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

07/09/2017