CRTVG

Buscar

Acto de homenaxe ás vítimas do atentado sobrio e sen discursos

Publicado o 17/08/2019 21:21

Foi un acto breve e moi sobrio.
Rendéuselles homenaxe aos falecidos cunha ofrenda floral, sen discursos e en silencio... só interrompido por un himno á paz interpretado por unha violoncelista.

Entre os asistentes á homenaxe, o presidente da Generalitat, a alcaldesa da cidade, o ministro de Interior en funcións, mandos dos Mossos d'Esquadra, Policía Nacional, Garda Civil e a Garda Urbana de Barcelona.
Autoridades e familiares das vítimas depositaron caraveis brancos fronte ao monumento ás vítimas, xunto ao mosaico de Miró nas Ramblas, lugar simbólico, onde se detivo a furgoneta do atentado o 17 de agosto de hai dous anos...
Unha organización disidente do acto institucional, a Asociación Catalá de Vítimas de Organizacións Terroristas (Acvot), celebraba un acto alternativo unha hora e media despois noutro punto da Rambla para reclamar máis atención ás vítimas. Moitas din sentirse esquecidas.

En Cambrils o ir e vir de paseantes ante o Memorial pola Paz é continuo... A normalidade volveu á cidade pero a lembranza mantense...
O ano pasado homenaxearon as vítimas, pero nesta ocasión o Concello non quere ningunha conmemoración. Cren que a mellor homenaxe é o traballo pola integración.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2019