CRTVG

Buscar

Acto de homenaxe e ofrenda floral á figura de Valle-Inclán en Compostela

Publicado o 05/01/2019 15:30

O 5 de xaneiro de 1936 falecía en Compostela Ramón María del Valle-Inclán. Hoxe celebrouse no cemiterio de Boisaca o tradicional acto de homenaxe ao escritor no aniversario do seu pasamento.

Ao redor da súa sepultura reuníronse o neto do autor, Xaquín del Valle-Inclán Alsina, representantes institucionais da Consellería de Cultura, do Concello de Santiago e de colectivos e entidades dedicadas ao autor.

Tras a ofrenda floral, todos eles lembraron a súa figura como escritor e intelectual, e testemuñaron o recoñecemento á vixencia das súas obras.


 

Noticias web

05/01/2019