CRTVG

Buscar

Acto de benvida aos estudantes estranxeiros da USC

Publicado o 23/09/2017 15:08

A praza do Obradoiro acolleu este mediodía o acto de benvida aos estudantes internacionais que pasarán este curso na Universidade de Santiago. ({ENTRAN COLAS}) Cunha foto de grupo os arredor de 500 estudantes procedentes da UE e doutros países celebraban o inicio do novo curso que pasarán nas universidades galegas. Logo, no pazo de Fonseca, foron recibidos polo reitor de Santiago e o secreario xeral de Emigración. Entre eles estaban tamén, os estudantes galegos que residen no exterior e que foron beneficiados con algunha das cen bolsas de excelencia, concedidas pola Xunta, e que lles permitirán realizar cursos de posgrao nas universidades galegas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2017