CRTVG

Buscar

Controlado o incendio declarado de madrugada na Pobra

Publicado o 11/07/2020 20:36

Na Pobra do Caramiñal xa está controlado o incendio declarado esta madrugada. O lume comezou contra as tres e media da mañá na parroquia de Lesón, na aba do monte da Curota, polo que todo apunta a que foi intencionado. Leva arrasadas 50 hectáreas.

Na extinción, dificultada pola mala accesibilidade e polo vento, traballaron cinco axentes, seis brigadas, sete motobombas, unha pá, tres hidroavións e tres helicópteros.