CRTVG

Buscar

Extinguido o incendio de Boiro tras calcinar 95 hectáreas

Publicado o 29/03/2019 20:13

A Consellería do Medio Rural dá por extinguido un incendio forestal declarado esta pasada noite en Boiro, na parroquia de Lampón. Segundo o balance da Xunta, a superficie afectada polo lume son unhas 95 hectáreas. As lapas queimaron unha zona de monte. No control deste incendio traballaron 5 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas e 1 pa. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/03/2019