CRTVG

Buscar

Activo un incendio no Folgoso do Courel que arrasou xa 70 hectáreas de terreo

Publicado o 12/06/2021 14:23

Activo un incendio forestal no concello lucense de Folgoso do Courel que arrasou xa 70 hectáreas de terreo. O lume comezaba contra as 5 desta noite. Na súa extinción traballan 4 axentes, 6 brigadas e 6 motobombas. A orografía está a dificultar notablemente os labores de extinción. O que xa quedou controlado é outro lume que afectaba a terreos do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, no concello ourensán de Lobios, na parroquia de Río Caldo. Cos termómetros por riba dos 30 graos en boa parte de Galicia, a Xunta adiantou as gardas do persoal anti-incendios.

Noticias web

12/06/2021