CRTVG

Buscar

Controlado o incendio forestal en Vimianzo que xa calcinou 30 hectáreas

Publicado o 15/07/2020 23:56

O incendio declarado na tarde deste mércores na parroquia de Berdoias, no concello de Vimianzo, calcinou preto de 30 hectáreas, das cales unhas 20 corresponden a monte arborado e as restantes a raso.

Pasadas as 23:30 horas, a Consellería do Medio Rural informou a través das redes sociais de que o lume estaba controlado.

No seu control traballaron cinco helicópteros, tres avións, cinco motobombas, 12 brigadas, catro axentes e unha pa.

As lapas obrigaron a cortar un par de horas a estrada que conecta A Coruña con Fisterra á altura de Berdoias.