Activo un incendio forestal en Muras e controlado o de Palas de Rei
Publicado o 02/04/2019 09:33

Un incendio forestal afectou o municipio de Palas de Rei, en Lugo, ao orixinarse na parroquia de Pambre, calcinando unha superficie estimada de vinte hectáreas. O lume desencadeouse ás 19:18 horas desta tarde e a medición que achega Medio Rural no seu comunicado é provisional, ata que unha vez apagado se parametrice a superficie afectada. Para o seu control e extinción mobilizáronse catro axentes, dez brigadas, catro motobombas e cinco helicópteros.