CRTVG

Buscar

Activo un incendio en Cuntis e extinguido o de Quiroga

Publicado o 16/09/2019 21:18
Activo un incendio en Cuntis e extinguido o de Quiroga

Desde as 18:00 h desta tarde, atópase activo un incendio no municipio de Cuntis, na parroquia pontevedresa de Cerqueril. 

A Consellería do Medio Rural informa de que a pesar de que o lume está activo, "evoluciona favorablemente". Dous avións, tres helicópteros, nove brigadas, cinco motobombas, tres axentes e unha pa son algúns dos medios que están a traballar no lume. 

No tocante aos incendios orixinados na fin de semana, cabe dicir que o que se produciu na parroquia do Hospital, en Quiroga, xa está extinguido, despois de arrasar case 150 hectáreas. O alcalde desa localidade do sur de Lugo manifestou o seu convencemento de que o incendio foi intencionado. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí