CRTVG

Buscar

A Revista FDS

Actividades para lesionados medulares no CHUAC

Publicado o 01/10/2017 13:32


O Complexo Hospitalario da Coruña é un centro de referencia no tratamento de lesionados medulares. Non só pola súa calidade terapéutica. Tamén polo apoio que prestan aos doentes e ás súas familias. Os ingresados teñen actividades deportivas, visitas guiadas para perder o medo a saír á rúa e mesmo a posibilidade de aprender a conducir un coche adaptado.



Hoxe é día de excursión na unidade de lesionados medulares do complexo hospitalario da Coruña. Un día á semana, os doentes e os seus familiares poden facer unha visita guiada pola cidade. Desta volta toca a Casa dos Peixes.
Carme leva tres meses ingresada e hai tempo que precisaba un pouco de aire fresco.
María apuntouse á excursión para distraer un pouco a filla.
Pero ademais de levantar o ánimo, saír tamén é clave para a recuperación.
O programa de integración de lesionados medulares permítelles aos enfermos facer deporte, actividades polas tardes, excursións e mesmo sacar o carné de conducir no hospital.
Os enfermos melloran e collen novas ferramentas para enfrontarse á vida.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

01/10/2017