CRTVG

Buscar

Estudantes internacionais conectan co marisqueo nun proxecto para impulsar a igualdade e a inclusión

Publicado o 15/02/2020 13:26

Son estudantes suecos, húngaros e gregos. Algúns deles nunca tiveran tan preto unha ameixa.

Este é o seu primeiro contacto co mundo do marisqueo. O máis curioso é que tamén o é para moitos dos estudantes galegos cos que comparten un programa Erasmus que lles achega a diferentes actividades de acción social.

Esta é só unha das actividades que se enmarcan nun proxecto que aposta pola sostibilidade, a igualdade ou a inclusion. O obxectivo é formar cidadáns comprometidos e activos no seu medio político e social.

Ademais de enterrar as botas na lama, estes estudantes visitaron a lonxa de Cesantes, onde se achegaron a iniciativas de turismo inclusivo. Ata xullo compartirán experiencias similares nos seus repectivos países.

Noticias web

15/02/2020