CRTVG

Buscar

Activan o aviso laranxa no litoral da Coruña por ondas de ata seis metros de altura

Publicado o 13/02/2020 15:11

O aviso laranxa activado esta tarde no litoral das provincias da Coruña e de Lugo xa deixou ondas por riba dos cinco metros e medio en Estaca de Bares e de máis de 7 metros en cabo Vilán. Unha situación complicada con forte mar de fondo que aínda así non impediu que en portos como o de Malpica os pesqueiros do cerco saíran traballar.

Nas Rías Baixas permanece activado o aviso amarelo por ondas superiores aos 4 metros. Desde o 112 Galicia recomendan evitar navegar e asegurar as embarcacións. Tamén aconsellar alonxarse das zonas de costa, paseos marítimos, rompentes ou diques e non pararse a sacar fotografías. Xa cara a fin de semana a situación empeorará coa chegada dunha nova borrasca. Aquí en Galicia agárdanse ventos fortes e temporal por mar de fondo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020