CRTVG

Buscar

Activan en Mallorca o protocolo por un posible caso por coronavirus

Publicado o 07/02/2020 21:26

Catro persoas de orixe británica dunha mesma familia e residentes en Mallorca foron atendidas polos profesionais sanitarios despois de estar en contacto cunha persoa que deu positivo por coronavirus en Francia. 

O home está illado e xa lle tomaron mostras a todos eles para envialas ao laboratorio de Majadahonda. Están todos ingresados e, polo de agora, agardan polos resultados das mostras para dilucidar se se trata ou non de coronavirus. 

Membros da Consellería, o Servizo de Saúde de Baleares e o Hospital de Son Espases ofrecerán  o sábado máis detalles sobre este caso.

A epidemia de coronavirus está lonxe de ser controlada. Segundo as cifras oficiais deste venres, o número de infectados supera os 31.000, e este mapa evidencia que o virus se estendeu a todas as provincias chinesas. En 24 horas faleceron 73 persoas. Unha delas foi o doutor Li Wenliang, o oftalmólogo que alertou sobre a epidemia e foi represaliado por iso. Hoxe recibiu a homenaxe cidadá. En Hong Kong, ante unha marea de críticas que a censura do Goberno chinés non foi quen de bloquear.

En España continúan o temor a propagación da epidemia está alterando a celebración de eventos. É o caso do Congreso Mundial de Telefonía Móbil que se celebrará en Barcelona a finais deste mes. A compañía tecnolóxica sueca Ericsson anunciou que non participará. Tampouco a coreana LG. "Non podemos garantir a saúde e a seguridade dos nosos traballadores", asegura a empresa sueca.

A Generalitat responde :O risco de contaxio por coronavirus en Cataluña é moi baixo.

3.500 pasaxeiros en corentena nun cruceiro

Desde o pasado luns, os 3.500 pasaxeiros e tripulantes que viaxaban nun transatlántico están en corentena no porto xaponés de Yokohama. Hai 61 casos confirmados a día de hoxe, entre eles un arxentino, que sería o primeiro infectado de América Latina. O barco está illado despois de descubrir que un pasaxeiro que desembarcou en Hong Kong tiña o virus. Os enfermos están sendo trasladados a centros médicos de Toquio e outras cidades próximas.

 

Noticias web

07/02/2020