Activan a campaña 'Peregrinos, non é o momento'
Silencio absoluto nos camiños que levan a Santiago. Coas medidas que supón o estado de alarma, as rutas quedaron totalmente desertas e lonxe quedan xa imaxes coma estas de hai apenas un mes. Agora, no mesmo sitio, a imaxe é estoutra.
Dende a Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santigo crearon a campaña 'Peregrinos, non é o momento', na que informa da obrigatoriedade de aprazar as rutas.
Os albergues públicos pecharon e os privados víronse obrigados a facer o mesmo. A situación sería máis complicada que nun hotel, porque os usuarios compartirían cuarto, duchas e outras zonas comúns. As reservas fóronse anulando e os peregrinos que estaban en tránsito regresaron aos seus lugares de orixe.
Mentres tanto, a meta de todos os peregrinos continúa baleira e pechada.