ACOUGA reclámalle a once bancos a devolución das comisións de apertura de hipotecas
Publicado o 25/03/2021 16:44
A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios acaba de presentar a primeira demanda colectiva contra once entidades bancarias para reclamar a devolución dos cartos cobrados indebidamente pola apertura de préstamos hipotecarios.
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea declarou nulas estas comisións, por non responder a ningún servizo concreto prestado polo banco. A esta demanda, presentada no xulgado mercantil da Coruña, pódense sumar afectados de toda España.