CRTVG

Buscar

Galicia recibirá 170 millóns de euros para modernizar as súas políticas activas de emprego

Publicado o 28/04/2021 20:23

• Acordo para repartir 2.110 millóns entre o Goberno e as comunidades

Por unanimidade, as comunidades autónomas apoian a nova estratexia de emprego proposta polo Goberno. Son máis de 2.100 millóns de euros para dixitalizar os servizos de emprego, afinar os itinerarios personalizados de busca de traballo ou incorporar as empresas a unha base de datos de empregadores. Ademais, por primeira vez todas as medidas estarán suxeitas a unha avaliación permanente.

Yolanda Díaz, ministra de Traballo, explicaba que "non é cun ánimo de penalizar, senón todo o contrario. Co de ir corrixindo erros, o que funcione, potencialo e o que non, dar un paso atrás".

Só Murcia votou en contra dunha repartición en que a Galicia lle corresponderon 170 millóns de euros. A consellería fixo constar a súa preocupación polo escaso peso que os fondos do ministerio lle dedican ao fomento do emprego autónomo e ao apoio ao cooperativismo.