CRTVG

Buscar

Acordo para gobernar A Rioxa con "medidas progresistas e de esquerdas"

Publicado o 20/08/2019 17:23

 

Acordo para gobernar A Rioxa con "medidas progresistas e de esquerdas"
PSOE, EU e Podemos- Equo alcanzaron un acordo para gobernar A Rioxa con "medidas progresistas e de esquerdas", que poñerá fin a 24 anos de goberno do PP nesta comunidade e que, tras as eleccións do 26 de maio, era a única que aínda non formara Goberno.
Nun comunicado conxunto, indican que o acordo alcanzado garante a gobernabilidade e estabilidade da Rioxa durante a décima lexislatura autonómica. Tamén avanzan que as tres formacións políticas comparecerán mañá, mércores, para asinar o documento e explicar e valorar o acordo alcanzado, que se produciu 86 días despois da celebración das eleccións autonómicas do pasado 26 de maio.
O PSOE e EU, o pasado mes de xullo, alcanzaron un acordo programático para a investidura da socialista Concha Andreu como presidenta do Gobierno de La Rioja, o que non se materializou ao opoñerse a deputada de Podemos, Raquel Romero.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí