CRTVG

Buscar

Acordo para a transición enerxética xusta das centrais térmicas en peche

Publicado o 24/03/2021 15:13

As ministras Teresa Ribera e Yolanda Díaz asinaron un acordo con sindicatos e compañías de centrais térmicas para a transición enerxética xusta das centrais térmicas en peche. Comprométense a traballar conxuntamente para mitigar os efectos negativos do peche de centrais térmicas de carbón.

Como obxectivo prioritario márcanse o mantemento do emprego nas comarcas afectadas. Tamén se comprometen a buscar investimentos para potenciar alternativas industriais e reactivar a súa economía. Desde Galicia, a Confederación Intersindical Galega (CIG) rexeita este acordo.

 

Noticias web

24/03/2021