CRTVG

Buscar

Acordo para a apertura dos comedores escolares

Publicado o 29/09/2020 14:33

Milleiros de familias de Vigo poden empezar a respirar tras anunciar a Federación de Asociacións de Pais e Nais que abrirán os comedores escolares.

21 centros xa anunciaron que aceptan as condicións da Consellería de Educación, e outros sete teñen ata o venres para consultalo aos pais. A federación porase a traballar para dar servizo de comedor a uns 2.000 alumnos.

Aínda non hai data para a posta en marcha do servizo, que deberá contar con máis monitores e terá máis gastos pola aplicación do protocolo covid. A federación confía en que a subida de prezo se compense co aumento das subvencións.

Noticias web

29/09/2020