CRTVG

Buscar

Acepta tres anos de internamento por abusar de dúas menores

Publicado o 11/04/2019 13:54

Na Audiencia Provincial de Pontevedra estaba previsto que se celebrara hoxe un xuízo por abusos sexuais a dúas menores pero finalmente chegaron a conformidade a porta pechada despois de que o acusado recoñecese os feitos.

A fiscalía pedía para el tres anos de cárcere. Dous por un delito de abuso sexual continuado a unha das menores, da que abusou repetidas veces no seu domicilio, e outro por abusos sexuais a outra menor no 2017. Finalmente, substitúen as penas de prisión por 3 anos de internamento ao posuír unha discapacidade. Logo deberá estar tres anos baixo liberdade vixiada, tres anos afastado da primeira rapaza e dous da segunda.

Noticias web

11/04/2019