CRTVG

Buscar

Acordo no Parlamento para adiantar o pagamento das axudas polos danos dos incendios

Publicado o 07/12/2017 20:46

No Parlamento continúa a tramitación dos orzamentos da Xunta para o ano que vén. Hoxe comezou o debate para a elaboración do ditame e fíxoo con acordos importantes.
O PPdeG e o grupo socialista chegaron a un acordo para adiantar o pagamento das axudas para a reparación dos danos ocasionados pola vaga de incendios do mes de outubro e das bolsas para estudantes.As propostas, que tamén foron apoiadas polo resto de grupos parlamentarios, terán que ser ratificadas no pleno de orzamentos que se celebrará antes de Nadal.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017