CRTVG

Buscar

Acordo histórico entre Israel e os Emiratos Árabes

Publicado o 13/08/2020 20:41

Este xoves produciuse unha nova esperanzadora para avanzar na paz en Oriente Próximo. Israel e os Emiratos Árabes Unidos, coa mediación de Donald Trump, acaban de acadar un acordo para o establecemento de relacións diplomáticas. Un acordo cualificado de histórico, rematado vía telefónica e anunciado en Twitter, polo que o Goberno de Netanyahu renuncia á anexión dunha parte de Cisxordania. Ademais, os musulmáns poderán assitir a mesquita de Al Aqsa, en Xerusalén.

Os Emiratos son o terceiro país árabe co que Israel normaliza relacións. Nas próximas horas daranse a coñecer máis datos dun pacto que se cualifica como moi prometedor para o futuro da zona.

Noticias web

13/08/2020