CRTVG

Buscar

Acordo entre o Sergas e varios colectivos médicos sobre a Atención Primaria

Publicado o 21/03/2019 09:14

• Pactan crear 60 novas prazas para os centros de saúde, axilizar as probas diagnósticas e un maior financiamento

• O conselleiro de Sanidade critica o Goberno por non convocar un MIR extraordinario que palíe a falta de médicos de familia

Tras varias semanas de negociacións e despois de que o Sergas presentara un borrador con 375 medidas para mellorar a Atención Primaria rexeitado polos profesionais médicos, hoxe producíronse novos avances. A firma dun documento común con melloras supuxo este mércores un punto de inflexión tras os longos intercambios de impresións entre o Sergas e os colexios médicos.

Os principais acordos son os seguintes:

1. A creación dun comité estratéxico e dun consello asesor técnico de carácter permanente en que participarán colexios profesionais e sociedades científicas para o desenvolvemento de estratexias en Atención Primaria.

2. Novas medidas para atender o exceso de demanda de pacientes, entre outras, a creación de 60 novas prazas nos próximos dous anos para os centros de saúde e melloras nos contratos de continuidade.

3. Potenciar a figura dos xefes de servizo

4. Incentivar a figura do titor de residentes

5. Dispoñibilidade para manter novas reunións cos PAC

6. Elaborar un catálogo de probas diagnósticas accesibles desde Atención Primaria

7. Contar coa financiación necesaria para as medidas expostas

O Sergas pactou estas medidas co Consello Galego de Médicos, coa Sociedade de Médicos de Atención Primaria (Semergen), coa Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG) e a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec).

Noticias web

21/03/2019