CRTVG

Buscar

Acordo entre o PSOE e Podemos para sacar adiante os orzamentos de 2019

Publicado o 12/10/2018 09:46

Pedro Sánchez e Pablo Iglesias rubricaban en Moncloa o primeiro gran pacto de esquerdas desde o cambio de goberno. Para logralo, o goberno acepta que as contas de 2019 inclúan unha suba do salario mínimo ata os 900 euros, o maior incremento da historia nun ano. Tamén acepta elevar os permisos de paternidade a 8 semanas, un 38% máis para axudas a vivenda, un 40% máis en dependencia e a recuperación dos subsidios a parados maiores de 52 anos. As pensións subirán conforme ao IPC e as mínimas, un 3%.


María Jesús Montero: "Revertimos eses recortes para facer posibles eses dereitos e protexendo ás persoas máis vulnerables e cumpren co noso compromiso cos socios europeos e, por tanto, coa consolidación fiscal"

Todas as medidas custan 2000 millóns de euros que o goberno prevé compensar con 5.000 millóns de ingresos extra. Sairán da suba de impostos a salarios de máis de 130.000 euros anuais, fortunas de máis de 10 millóns e a grandes empresas, bancos e petroleiras. Os votos de Podemos non chega para aprobar as contas. O goberno precisa os do PNV e dos nacionalistas cataláns.

Isabel Celáa: "Porque vai ser un proxecto moi beneficioso para o conxunto da sociedade, tamén para a sociedade catalá"

O pacto vai máis aló do económico. Inclúe a derrogación de artigos da lei mordaza ou da reforma laboral, e cambios no código penal para ampliar a definición de abuso sexual e restrinxir as ofensas á coroa ou á relixión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2018