CRTVG

Buscar

Acordo entre o Goberno e a Generalitat para ampliar o aeroporto do Prat

Publicado o 02/08/2021 17:51
Acordo entre o Goberno e a Generalitat para ampliar o aeroporto do Prat

A Generalitat e o Goberno chegaron a un acordo sobre a ampliación do aeroporto de Barcelona-O Prat que "desbloquea" o investimento de 1.700 millóns de euros.

Así o comunicou tamén a ministra de Política Territorial, Isabel Rodríguez, nunha comparecencia que tivo lugar na tarde deste luns, tras a reunión da comisión bilateral Estado-Generalitat.