CRTVG

Buscar

Acordo en Ourense: Jácome á alcaldía e Baltar á Deputación

Publicado o 14/06/2019 22:02

Acaba de producirse un acordo en Ourense. Gonzalo Pérez Jácome vaise converter en alcalde da cidade co apoio do Partido Popular. A cambio Democracia Ourensá garante a permanecia de Manuel Baltar na presidencia da Deputación Provincial.

É o acordo de goberno que veñen de asinar Democracia Ourensana e o Partido Popular para dar estabilidade din, aos gobernos da capital e da provincia. Segundo o asinado Pérez Jácome converterase mañá en alcalde. Foi a terceira forza máis votada con 7 edís, os mesmos ca os que conta o PP na cidade das Burgas. A lista máis votada foi o PSOE con 9 concelleiros.

Como contrapartida Democracia Ourensana garante a continuidade do popular Manuel Baltar ao fronte da Deputación. Será a través de gobernos de coalición.

Unha comisión de seguimento velará polo cumprimento deste acordo. A investidura na cidade de Ourense será mañá as dez da mañá.

 

Noticias web

14/06/2019