CRTVG

Buscar

Acordo no Sudán para unha transición política de tres anos

Publicado o 15/05/2019 08:01

A Xunta Militar do Sudán e a oposición acordaron comezar un proceso de transición política que durará tres anos e que debe concluír coa entrega do poder aos civís.

O acordo confirmouno o Consello Militar, que tomou o poder no Sudán o pasado 11 de abril tras derrocar o presidente Omar Al Bashir.

A transición será dirixida por un consello soberano, aínda que os militares non confirmaron a composición deste órgano que vai ser negociado tamén coa oposición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019