CRTVG

Buscar

Taxis, VTC e Xunta celebran o acordo para unha "competencia leal" no transporte público

Publicado o 10/01/2020 09:34

Imaxe inusual: a de taxistas e empresas de alugueiro de coches con condutor celebrando o acordo que obriga a reservar os VTC con 15 minutos de antelación. Os taxistas pedían máis tempo, pero cren que son uns privilexiados.  "Eu creo que a partir de agora imos ter máis tranquilidade e ir ao traballo con máis relax", afirma Manuel Sánchez, da Federación Galega de Taxis.

"Creo que é o primeiro de moitos acordos e servirá para mellorar as relacións entre nós e o servizo aos clientes", asegura Víctor Seijas, voceiro das VTC.

Este acordo, di Feijóo, é grazas a traballadores que cren na competencia leal e a unha lei autonómica que favorece a convivencia entre taxistas e VTC tradicionais. "Hoxe os 5.000 profesionais e a Administración acreditamos que no transporte público en Galicia hai espazo para todos", segundo Alberto Núñez Feijóo.

O presidente comprometeuse a seguir apoiando o sector do taxi con novas axudas. "Publicaremos a primeira convocatoria para a compra de taxis eléctricos ou híbridos para facilicitar a mobilidade coa menor contaminación posible", anunciou Feijóo. As axudas publicaranse no DOG este mes.

 

 

Noticias web

10/01/2020