CRTVG

Buscar

Acordo de redución salarial no Deportivo para evitar o ERTE

Publicado o 15/04/2020 20:55

No Deportivo, club e xogadores chegaron a un acordo de redución salarial para evitar un ERTE. Todos os xogadores do Deportivo comprométense a prorrogar os seus contratos máis aló do 30 de xuño para poder rematar a liga.

En caso de que a competición non se retome, renunciarían a un 17,5% dos seus ingresos. E se hai liga pero se xoga a porta pechada, a redución salarial sería do 5%. Con este acordo evitan un ERTE que afectaría todos os empregados.

 

 

Noticias web

15/04/2020