CRTVG

Buscar

Acordo de ingresos compartidos, a nova forma de financiar estudos tecnolóxicos

Publicado o 20/10/2020 15:58

Falámoslles agora dun novo sistema para financiar os estudos que se está poñendo de moda no noso país. Chámase 'Acordo de ingresos compartidos'.

É unha escola dedicada exclusivamente a formar programadores, unha profesión de perfil tecnolóxico e unha das máis demandadas polas empresas a día de hoxe.

Pablo Rodríguez, CEO de HACK A BOSS explica que "hai un problema no sector, o problema é que custa atopar este tipo de perfís, hainos pero ou non hai moitos ou non están moi especializados na programación".

O método de aprendizaxe parte de cursos que duran 16 semanas. Son intensivos e moi prácticos.

"A diferenza da formación tradicional, nestes cursos aprendes a facer o que se fai na empresa dende o día un. Son cursos que teñen un custo relativamente importante entre 5.500 e 6.500 euros, a parte boa é que se pode financiar ou ben utilizar uns acordos que temos que é empezar a pagalo cando acabes a formación e cando atopes traballo".

Este sistema de financiamento educativo chámase ISA e estase poñendo moi de moda.

"É a abreviatura de 'Acordos de ingresos compartidos', que é basicamente que ti non pagas nada e cando empezas a traballar tes un salario; dese salario cobraránche unha parte soamente se chegas a un limiar e unica e exclusivamente mentres esteas traballando. Se nalgún momento estás no paro, en ERTE ou non tes traballo polo motivo que sexa e non chegas a este limiar, deixan de cobrar ou suspéndeno ou deixan en pausa este tipo de cobro. Cando empezas a traballar de novo, cóbranche", engade Rodríguez.

Este novo sistema vaille permitir aprender programación e entrar no sector tecnolóxico a moita xente que economicamente ten máis dificultades.

Noticias web

20/10/2020