CRTVG

Buscar

Acordo con penas míminas para a banda do Deza que tentou roubar na Semana Verde

Publicado o 02/05/2019 13:38

A Fiscalía chegou a un acordo con cinco dos sete asaltantes que tentaron roubar na Fundación Semana Verde de Silleda. Dous quedaron absoltos, porque prescribiron os delitos. Para o resto as penas non superaron o ano. Ademais, comprometéronse a pagar as indemnizacións.

Cinco dos integrantes da banda que tentou asaltar a Semana Verde estiveron no banco dos acusados, un declarou por videoconferencia e outro non se presentou no xulga do penal número un de Pontevedra. O fiscal recoñeceu que había un excesivo retraso no xuízo sobre uns feitos que aconteceron no 2011, polo que modificou e rebaixou a súa petición de penas e os acusados aceptáronas.

Catro deles asumiron un ano de cadea por roubo continuado en casa habitada e un mes e quince días por furto. Un quito integrante da banda que acusaban de receptación de obxectos roubados aceptou tres meses de cadea e dous quedaron absoltos. As penas de meses quedaron conmutadas por multas a razón de dous euros por día. No mesmo xuízo os avogados das defensas dos catro sentenciados coa pena máis alta pediron a suspensión da condena xa que se comprometeron a pagar as idemizacións.

Os sete veciños da comarca do Deza estaban convencidos de que a caixa forte da Fundación Semana Verde tiña 50.000 euros en efectivo. Prepararon o asalto pero cando estaban no lugar unha patrulla da Garda Civil, que reforzaba o servizo de vixilancia pola feira de gando, soprendeunos polo que tiveron que fuxir. Durante as detencións fixeron rexistros nas vivendas onde localizaron documentos sobre a cantidade de cartos que gardaban no recinto feiral e medidas de seguridade, entre os que había un plano detallado. Tamén obxectos procedentes doutros oito roubos. Ata o momento que os prenderon non tiñan antecedentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/05/2019