CRTVG

Buscar

Acordan crear unha mesa de negociación para buscar unha saída aos transportistas de Endesa

Publicado o 09/07/2019 19:34

Levan dous meses parados como consecuencia do prezo dos dereitos de emisión de CO2. Dous meses sen actividade na central e, por tanto, sen carga de traballo. E ainda van ter que agardar algo máis. Porque a situación, cun Goberno en funcións, non axuda. Desta reunión en Madrid sae o compromiso de crear unha mesa de negociación. Van estar os ministerios de Industria, Transición Ecolóxica e Fomento, Endesa, o concello das Pontes e os transportistas.

A Xunta reiterou o apoio aos transportistas. A conselleira de Infraestruturas apuntou a responsabilidade ao Goberno central e esíxelle que tome medidas para ordenar a transición enerxética.

80 empresas, uns 150 camioneros son os dirbectamente afectados. Detrás, tamén a economía de toda a zona.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2019