CRTVG

Buscar

Acompañamos unha patrulla da Policía Local de Ourense

Publicado o 18/03/2020 18:53

A Policía Local xa denunciou unha decena de cidadáns por desobedecer a orde que obriga a permanecer no domicilio, salvo nos supostos que todos coñecemos. Identificaron donos de cans paseando a varios quilómetros da súa casa, ou parellas saíndo xuntas ao supermercado ou á farmacia. As forzas de seguridade lembran que debemos ir sós sempre que sexa posible a facer eses recados. E que tampouco debemos ir acompañados no coche cando nos despracemos para mercar produtos de primeira necesidade ou a traballar. É moi importante cumprir rigorosamente estas normas para gañar a loita contra o coronavirus.

A mensaxe da Policía Local de Ourense resoa polas rúas da cidade con máis xente da que debería a media mañá. Davide e Miguel reciben a primeira alerta. Hai varias persoas xuntas nun parque da cidade.

Do centro da cidade desprázase ata zona da termas... un dos lugares onde máis incumprimentos houbo nos días que levamos de confinamento.

Para evitar contaxios fan quendas de 12 horas sempre co mesmo compañeiro.

Noticias web

18/03/2020

Máis sobre Ourense