CRTVG

Buscar

Falece nunha colisión frontal entre dous vehículos en Pereiro de Aguiar

Publicado o 28/03/2019 16:10

O sinistro tivo lugar na nacional 120 ao seu paso polo concello do Pereiro de Aguiar. A vítima, veciño de Vilamartín de Valdeorras, viaxaba en dirección Monforte cando un coche que circulaba en dirección contraria invadiu o seu carril. Foi precisa a intervención dos bombeiros para excarcerar o corpo da vítima, de 69 anbos, de entre os ferros. Viaxaba só. No outro vehículo ía unha muller, a condutora, que quedou ferida de gravidade. A Garda Civil de Tráfico investiga as causas do sinistro.

Noticias web

28/03/2019